O INE eleva unha décima, ao 0,8 %, o crecemento eocnómico do primeiro trimestre
O INE eleva unha décima, ao 0,8 %, o crecemento eocnómico do primeiro trimestre
O INE revisou á alza a evolución do consumo, algo máis dinámica do inicialmente avanzado, aínda que o crecemento se sustentou en boa medida na fortaleza do sector exterior e na repunta do investimento empresarial
A economía española creceu o 0,8 % no primeiro trimestre, o cal supón unha décima máis respecto ao dato avanzado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) hai dous meses e tamén unha décima máis en relación co crecemento rexistrado no cuarto trimestre de 2023 (0,7 %).
O INE revisou á alza a evolución do consumo, algo máis dinámica do inicialmente avanzado, aínda que o crecemento se sustentou en boa medida na fortaleza do sector exterior e na repunta do investimento empresarial.
A demanda externa (exportacións e importacións) achegou 0,5 puntos porcentuais ao crecemento trimestral do 0,8 %, en tanto que a demanda nacional (consumo e investimento) contribuíu cos 0,3 puntos restantes.