O 'inline freestyle', unha disciplina de patinaxe que vai gañando afeccionados
O 'inline freestyle', unha disciplina de patinaxe que vai gañando afeccionados
Celebrouse en Vigo o Campionato Galego desta modalidade que conta con diversas probas técnicas e artísticas
Celebrouse en Vigo o campionato galego de 'inline freestyle' unha disciplina de patinaxe que está a coller moito pulo e na que España é potencia mundial.
Patíns en liña e non ter medo a caer nin a velocidade: esa é a receita para practicar o 'inline freestyle', unha modalidade que xurdiu nos anos noventa e que está calar fondo nos últimos tempos.
Consta de cinco tipos de probas, unhas máis artísticas e outras máis técnicas, como salto, velocidade e derrapaxes.
Na modalidade de salto o mellor rexistro mundial está no metro sesenta e oito.
Hoxe as máis pequenas superaron en catro centímetros a marca de setenta que se esixe para ir ao Campionato de España.
Un deporte para todas as idades, con competidores de dez a cincuenta anos no que España é potencia mundial malia que aínda non sexa moi coñecido.