O Instituto Cervantes celebra o Día Europeo das Linguas cunha homenaxe a Rosalía de Castro
O Instituto Cervantes celebra o Día Europeo das Linguas cunha homenaxe a Rosalía de Castro
Depositaron na Caixa das Letras o legado in memoriam da escritora
O Instituto Cervantes celebra o Día Europeo das Linguas cunha homenaxe a Rosalía de Castro. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada polo presidente do Goberno en funcións, depositou o legado da autora galega na Caixa das Letras do Instituto. Un legado que contiña edicións de Cantares Gallegos e de Follas Novas e o disco de Amancio Prada, editado en 1975, que recompilaba parte da obra de Rosalía.
Lorca, o outro homenaxeado
Federico García Lorca foi o outro homenaxeado do día. Presentouse unha edición multilingüe, unha tradución a vinte e seis idiomas do poema Grito cara a Roma, incluído na obra Poeta en Nova York de Federico García Lorca. O escritor Manolo Rivas leu en galego o poema.