O instituto de Carnota informa dun erro no número das participacións de lotaría que repartiu
O instituto de Carnota informa dun erro no número das participacións de lotaría que repartiu
O número correcto que figura nos décimos é o 76904
O número que aparece nas participacións ten un erro
76.904 é o número correcto da lotaría de Nadal que xogan no instituto Lamas de Castelo, en Carnota. Esta semana decatáronse dun erro nas participacións que estaban a vender para recadar cartos para a viaxe de fin de curso. Queren facer público que o número correcto é o dos décimos depositados na administración de Cee e non o que figura nas participacións.
Un erro nun número é fundamental en moitas ocasións, pero cando falamos de lotaría de Nadal iso pode significar gañar 400.000 euros por décimo ou non levar nada. Por iso cando no instituto de Carnota se decataron de que o número dos décimos que xogaban non coincidía co das participacións que estaban a vender levaron un bo desgusto. Agora queren que todos os compradores saiban que nas papeletas houbo un erro, como confirma René Huertas, profesora do instituto, e Alexandro Quintá, loteiro da administración Costa da Morte de Cee.
Claramente, na participación hai unha cifra descolocada. Lese 76094 cando é 76904. O que queremos é informar a xente e que ata a última persoa que comprou as participacións do centro sexa consciente de que estamos xogando a este número. Non a este.
Desde a semana pasada estamos dicindo que todas as persoas que adquiriran unha desas participacións nesta oficina poden devolvelas e faríaselles unha devolución do importe íntegro do gastado.
Pero de non querer devolver a lotaría os que teñan unha destas papeletas queden coa cifra real, 76.904. Hai 350 décimos vendidos e oxalá o erro se remedie cun bo premio para os agraciados e unha boa viaxe de fin de curso para o alumnado.