Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ISGA inicia unha campaña para previr riscos dos manipuladores de cosméticos

O ISGA inicia unha campaña para previr riscos dos manipuladores de cosméticos

O seu uso continuo por parte das profesionais dos salóns de peiteado e de estética pode poñer en perigo a súa saúde

G24.gal 16/01/2024 14:23

Todos os produtos cosméticos que se comercializan no noso país deben cumprir as normas sanitarias que esixe a lei. Pero o seu uso continuo por parte das profesionais dos salóns de peiteado e de estética pode supoñer un risco para a súa saúde. Evitar ese perigo potencial é o obxectivo dunha campaña que acaba de poñer en marcha a Xunta.

Nun centro de formación en peiteado e estética de Ourense, por exemplo, as alumnas aprenden a identificar as compoñentes dos esmaltes de manicura que poden supoñer un risco potencial para a súa saúde: como deben protexerse, como deben mesturalos para evitar problemas derivados da manipulación ou a inhalación... O mesmo ca no caso de tinturas e de mechas ou dos químicos para as extensións de pestanas.

"As compoñentes dos cosméticos son seguros porque hai un sistema moi seguro de comercialización pero as mesturas que se fan ou o xeito de traballar poden implicar riscos, porque iso hai que posibilitar que xa desde o inicio se traballe dun xeito seguro, preventivo", explica Adela Quinzá, a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

A campaña de información do ISGA vai dirixida ás máis de 15.000 profesionais do sector en Galicia, a maioría, mulleres novas. Recolle por iso riscos específicos para períodos de embarazo e lactación.

"E ademais de dar esta información tamén daremos xornadas formativas aos traballadores e empresas que así o soliciten", informa a Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo.

O material coa descrición dos riscos de cada actividade e das medidas de protección necesarias vaise estender a máis de 6.000 salóns de peiteado e centros de estética, centros de formación e tamén aos spa e balnearios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos