Aumenta a 'cosmeticorexia', o uso abusivo de maquillaxe e cosméticos entre os menores de 12 anos
Aumenta a 'cosmeticorexia', o uso abusivo de maquillaxe e cosméticos entre os menores de 12 anos
Os dermatólogos recomendan que os nenos e nenas non usen produtos cosméticos
O uso de maquillaxes en idades temperás pode aumentar a acne
Aumenta o uso de maquillaxe entre os nenos e nenas de menos de doce anos. Os dermatólogos advirten dos riscos de usar produtos para a pel innecesarios para os cativos. Cada vez hai máis vídeos nas redes sociais de menores explicando como maquillarse e mostrando rutinas de limpeza de pel que non corresponden ás súas idades.
Buscamos maquillaxe infantil en redes sociais e accedemos a innumerables vídeos onde nenos e nenas mostran e explican as rutinas que fan para a limpeza da pel ou para maquillarse.
Aumenta a chamada cosmeticorexia, a compra compulsiva de maquillaxe infantil e adolescente. Algo pouco recomendable, segundo os dermatólogos.
Irritacións, reaccións alérxicas. As consecuencias do uso de produtos de pel que non están indicados para a mocidade ten consecuencias físicas, pero tamén mentais. Maquillarse, ou non facelo, pode derivar en problemas de autoestima. Nin sequera é recomendable usar maquillaxes que se comercializan pensando nos pequenos.
Normalizar en menores accións propias de adultos, como a dun coidado excesivo e compulsivo da pel, é unha tendencia en aumento.