Publicador de contidos
Publicador de contidos

O IVE volve á súa normalidade, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O IVE volve á súa normalidade, por Venancio Salcines

G24.gal 20/05/2024 07:57

Este ano é o da aterraxe, en que se deixan atrás as medidas paliativas da crise da COVID-19 e quedan mitigadas as consecuencias do efecto rebote inflacionario poscovid. Vólvese á normalidade. Esta é a mensaxe dominante no discurso económico e en certa maneira é axeitada. O próximo mes de xuño, tocando co final do primeiro semestre, veremos como o IVE volve á normalidade. Os tipos cero pasarám ao 4 % e os que baixaron ao 5 % volverán ao 10 %.

O IVE volverá recadar, por estes conceptos, o que ten que recadar, é dicir, uns mil setecentos millóns máis. E aínda que impactará na inflación xeral, será menos na subxacente, e dende logo nimio na subxacente europea, que é a que determina a política monetaria na Eurozona. Polo que se pode afirmar que o impacto vai directo ao custo da compra, que incrementará nun un por cento.

No primeiro parágrafo dicía que deixamos atrás as medidas paliativas da crise sanitaria e da inflacionaria, o que non deixamos atrás é a suba encuberta na presión fiscal produto de actualizar salarios, pero non á escala do Imposto sobre Renda das Persoas Físicas. Se o discurso é que volvemos á normalidade, o lóxico e coherente sería dicir, pois volvamos tamén á normalidade recuperando a presión fiscal que tiñamos hai tres anos. Pero temo que neste eido o goberno da nación ten un pouco ou de xordeira ou de perda de memoria. Así que parece que a normalidade será que o goberno deixe de facer esforzos e todos nós paguemos impostos como nunca anteriormente os pagamos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade