Publicador de contidos
Publicador de contidos

O legado téxtil de Teresa Berganza é historia da alta costura do século XX

O legado téxtil de Teresa Berganza é historia da alta costura do século XX

A exposición O gardarroupa da música expón en Santiago 24 dos seus vestidos

Para cantar en galego no Auditorio de Galicia, en 1993, vestiu de Azzaro

G24.gal 12/06/2024 21:19 Última actualización 12/06/2024 21:56
Suntuosos, elegantes e de alta costura. Son parte do legado téxtil de Teresa Berganza, 24 dos cen vestidos que usou a mezzosoprano do século XX, preservados nunha cámara de conservación en Madrid desde o seu pasamento en 2022. Na exposición O gardarroupa da música, a fundación Abanca reuniu os máis relacionados con Galicia.
 
Para Román Padín, comisario da mostra e conservador deste legado, a exposición é unha historia biográfica de Teresa e unha historia da moda do século XX.
 
Desde o máis antigo da mostra, un Caruncho dos anos 50, ata un Lacroix de alta costura acompañado polos bosquexos orixinais do modisto francés. Ao seu carón, deseños de Saint Laurent, Balenciaga ou Dior canda varios modelos do seu preferido, Azzaro, como o que levou en 1993 no Auditorio de Galicia na estrea das Cancións Xacobeas, que permitiu escoitala cantando en galego.
 

"O traxe e o vídeo orixinal en que canta Cancións Xacobeas de Antón García Abril, homenaxe á lírica galega. O vídeo é unha peza de arqueoloxia".

Entre as teas e bordados temos fotografías, portadas de revistas, obras de artistas contemporáneos e vídeos que evidencian a estreita relación de Teresa Berganza con Galicia.
 

"Cantou en galego, en vasco, en catalán. Parte do eixo desta mostra o seu repertorio en galego, en portugués e en francés".

O director Maximino Zumalave será un dos participantes no debate sobre o legado artístico de Teresa Berganza a semana que vén. Días despois, haberá un recital da soprano Cecilia Lavalle Berganza, filla da cantante, nunha homenaxe á lírica galega que incluirá as Cancións Xacobeas que a súa nai inspirou.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade