Publicador de contidos
Publicador de contidos

O leite fresco estase a converter en produto de luxo

O leite fresco estase a converter en produto de luxo

En xaneiro o leite fresco custaba de media 1 euro con 40 céntimos, e agora xa o pagamos no supermercado a 1 euro con 62 céntimos

Isto supón un incremento dun 15,7 por cento. Cando pasamos pola caixa pagamos 22 céntimos máis, por cada litro.

G24.gal 25/04/2023 14:12

Cada vez hai máis estudos que alertan de que os consumidores están deixando de mercar carne, verduras e outros produtos básicos nunha dieta sa e equilibrada.

A principal razón está no incremento dos prezos. Un exemplo claro témolo no leite fresco. En xaneiro, o litro custaba de media 1 euro con 40 céntimos, e agora xa o pagamos no supermercado a 1 euro con 62 céntimos.

Isto supón un incremento dun 15,7 por cento. Cando pasamos pola caixa pagamos 22 céntimos máis, por cada litro.

O sector gandeiro bótalle a culpa as empresas distribuidoras, aseguran que levan anos traballando a perdas asfixiados polos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade