Publicador de contidos
Publicador de contidos

O leito de moitos ríos galegos continúa desbordado

O leito de moitos ríos galegos continúa desbordado

O tempo da unha tregua pero os ríos seguen arrastrando a auga das intensas choivas da fin de semana

G24.gal 12/03/2024 14:32

Anegouse A Limia, houbo risco ás beiras do Mandeo e desbordaron o Tambre e tamén o Miño, pero agora o ceo loce despexado, xa non hai nubes despois do moito que choveu nos últimos días.

Pero a pegada da intensa choiva nótase no leito dos ríos que baixan cargados de auga, poñendo en apuros instalacións como as do balneario de Lugo.

"Inflúe moito o que chove na Terra Chá, en Begonte o río Ladra tamén mete moita auga e a parte baixa do balneario que está moi preto do Miño cando chega ao nivel da instalación hai que poñer as bombas a bombear", relata Antonio Garaloces, director do Balneario de Lugo.

Os desbordamentos xa se converteron nunha constante en moitos puntos como este de Lugo.

"É o de todos os anos, o que pasa que este ano foi en xaneiro, agora en marzo e igual non é a última".

Houbo que pechar o paso en numerosas zonas.

"Si, a estrada no paseo fluvial estivo cortada".

Pese a todo, hai quen lembra tempos peores.

"Este ano choveu bastante, pero o río xa ten ido máis alto, eu nacín aquí no barrio e lémbroo moito máis alto".

Moitos miran agora o ceo agardando por unha primavera máis enxoita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade