O Leyma Coruña recupera a súa mellor versión no último cuarto
O Leyma Coruña recupera a súa mellor versión no último cuarto
Gañoulle a Alacante por 75-61 grazas a un parcial de 22-11 no treito final
O Leyma Coruña ofreceu unha das súas mellores versións da temporada no último cuarto diante de Alacante, un rival que chegaba nunha gran serie de resultados con cinco vitorias nos últimos seis partidos. Impúxose por 75-61 logo dun parcial de 22-11 nese derradeiro período.
O primeiro tempo foi unha montaña rusa. Con Leyma marchando no primeiro cuarto grazas á súa gran defensa (20-9) pero cun segundo parcial nefasto no que se viu superado polo Alacante, que podía empatar cos coruñeses con once triunfos. Ao descanso o marcador era de 35-38.
No terceiro período comezaron a endereitarse as cousas (53-50) culminado cun último cuarto dun gran nivel. Outra das boas novas foi a achega coral do equipo. Os dez xogadores que participaron achegaron puntos destacando nesta faceta os exteriores Monaghan (17) e Álex Hernández (15). Diagné, grazas ao seu dominio no rebote, foise ata os 25 de valoración.