Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lobo mata unha vaca que acababa de parir na serra de San Mamede

O lobo mata unha vaca que acababa de parir na serra de San Mamede

Atacou a nai mentres estaba parindo e a cría sobreviviu

G24.gal 22/11/2021 13:34

O lobo volveu atacar na serra ourensá de San Mamede. Matou unha vaca que acababa de parir. A cría, á que lle puxeron Bambi, sobreviviu e agora teñen que aleitala a biberón. 

"Encontreina á mañá aí. Onte estaba ben e hoxe atopeina aquí, comida, e agora o becerriño pequeno temos que levalo", di o gandeiro, Amadeo Casado García.

Sospeitan os gandeiros que foi o parto o que atraeu o lobo e tamén o que impediu que a nai se defendese do ataque. Localizaron o cadáver pola mañá, alertados polo resto do rabaño.

Teñen o gando repartido en dúas zonas, no contraforte da serra de San Mamede. En total, máis de medio cento de cabezas de rubia galega que nacen e viven no monte. 

"Sempre. Non van á casa, traémoslles comida cando fai falta. Pero desta maneira hai que abandonar porque, se traballamos para o lobo, non é nada", lamenta Amadeo. 

Con esta xa levan preto dunha decena de perdas, entre vacas adultas e becerros. A última vítima, tamén quedara sen nai nas mesmas circunstancias.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade