O lobo mata 17 animais en Parga no último mes
O lobo mata 17 animais en Parga no último mes
Nas últimas horas atacou varias cabras e un poldro
Un novo ataque, desta volta nunha parcela de Parga, no concello lugués de Guitiriz. Daniel ensina as últimas sete vítimas que lle matou o lobo. Acababa de cambiar os animais de prado. Todo perdas, que nunha primeira estimación, e sen ter en conta as anteriores, elevou a uns 700 euros, ao haber un macho e varios exemplares adultos, algunha delas preñada.
Daniel di: "As últimas que están aquí no remolque matounas alí, onde están aqueles piñeiros detrás das casas, a uns 50 metros. Pero en todos os casos e o cabalo tamén. Antes sabiamos que había no monte, pero aquí ao pé das casas calquera día cómenos a nós tamén. Onde estaba o lobo vai vai xente pasear e onte aviseinos, para que tivesen coidado porque calquera día pode haber unha desgraza maior".
Atopouse cunha loba morta xunto ao camiño cando ía ver como estaban o seus animais e xa escoitou rinchar un cabalo que deixou co rabaño para que o puidese defender dos ataques, daquela xa se decatou de que ía atopar todas as cabras mortas. Antes de caer a noite xa se achegaron unha patrulla da Garda Civil e tamén axentes da Consellería de Medio Ambiente para valorar os danos e facer un informe. Sospeitan que algunha das cabras ou ben o cabalo puido ferila e que morrese por unha ferida que tiña no pescozo.
Daniel asegura: "Veu a Garda Civil polo lobo morto, e os guardas aínda viron un lobo vivo cerca de onde estaban. Había dúas eguas alí que son dun veciño e aviseino. Xa lle dixen que tiña alí unha poldra e que de noite lle ía comer todo".
A partir de agora vai fechar os animais na corte e está a pensar se deixar un traballo que agora mesmo só lle da perdas.