O Lugo non se rende e rabuña un punto en Tenerife
O Lugo non se rende e rabuña un punto en Tenerife
Na primeira parte tivo as mellores ocasións nas botas de Señé e Cuéllar antes do gol de Elady
Carrillo empatou logo dun penalti sobre Gerard Valentín para sumar 5 partidos consecutivos sen perder
Minuto a minuto
Xa temos aliñación do Lugo!
Manu Barreiro (Carrillo), Cuellar (Chris Ramos), Canella (Lebedenko) e Cambapadal (Ricard) son as novidades respecto o partido contra o Ibiza
|ALIÑACIÓN| 📃
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) December 11, 2021
👉 Aquí temos o noso 1️⃣1️⃣ ‼️
⚽️ Elixido por @RubenAlbes para o partido de hoxe!@OnemonsLugo #ForzaLugo#TenerifeLugo pic.twitter.com/t7lw8mcj4z
Quecemento do Lugo sobre o céspede do Heliodoro Rodríguez!
Comezou o partido!
Move xa o balón o Tenerife
A primeira perigosa para o Lugo!
Bo centro dende a dereita, Señé chegou completamente só dende segunda liña pero colocou mal o corpo e o seu remate marchou demasiado desviado.
OUTRA DE SEÑÉ!
A piques estivo de aproveitar un rexeite na frontal da área para facer o primeiro. O seu disparo marchou a rentes do pau esquerdo.
PARADÓN DE WHALLEY!
O achegamento local con máis perigo. Centro dende a dereita, remata Elady e boa estirada do meta lucense para evitar o primeiro tanto local.
AO BONECO CUÉLLAR!
A mellor ocasión do partido sen ningún tipo de dúbida. Erro garrafal da zaga tinerfeña, queda só o extremo hispano - boliviano que con toda a portería estrelou o seu disparo no gardameta contrario.
Na prolongación o remate de Manu Barreiro marchou por riba da trabe.
Gol do Tenerife
Aproveita Elady un toque desafortunado de Campabadal para bater a pracer a Whalley.
O máximo goleador do conxunto local tivera xa unha ocasión clarísima a porta baleira xusto na anterior xogada.
Tempo de lecer no Heliodoro Rodríguez.
De máis a menos o Lugo, que gozou das mellores oportunidades ata o minuto 30 de partido. A máis clara, o man a man de Cuéllar.
7 tiros a porta dos de Rubén Albés por 5 dos locais. Elady aproveitou un deses remates para facer o 1-0 co que marchamos ao descanso.
Comezan os segundos 45 minutos en Tenerife
Primeiros movementos de Rubén Albés dende o banco.
Chris Ramos por Cuéllar (mancado logo dun forte choque na disputa) e Campabadal, que tiña cartón amarelo, por Ricard.
Algo tolo este segundo acto!
Ambos equipos tentan xogar ao contraataque pero sen demasiada profundidade nas súas ofensivas. Liorta agora entre Alende e Shashoua.
Disparo dende fóra da área de Ricard que desvía Juan Soriano a córner!
Despexou sen perigo a zaga do Tenerife o saque dende o curruncho.
Segue axitando a árbore Rubén Albés
Entra Carrillo no sitio de Manu Barreiro.
Último troco no Lugo, entra Hugo Rama no sitio de Carlos Pita
Arriba Juanpe!
Púxoa Hugo Rama, prolongou Chris Ramos de cabeza e a volea do centrocampista que saíu por riba do longueiro.
Protesta penalti!
Bo regate de Gerard Valentín, derrubado no límite da área. Sacouna fóra o colexiado. Rubén Albés pide que vaia o VAR...
PENALTI A PROL DO LUGO
Vai Carrillo... GOOOOOOL, zoupoulle con forza polo centro da portaría, sexto gol na temporada!
Teremos 7 minutos de engadido!
O Lugo está preto de sumar por quinta xornada consecutiva.
TÍVOA SEÑÉ PARA LEVAR OS 3 PUNTOS DO HELIODORO!
Centro marabilloso de Gerard Valentín ao segundo pau e remate de cabeza do xogador que máis oportunidades tivo en todo o partido que marchou a rentes do pau dereito.
Acariñou a vitoria o Lugo.
O Lugo asina a quinta xornada consecutiva sen perder, nun partido no que desaproveitou as mellores oportunidades antes do gol rival e nos últimos minutos puido levar incluso os 3 puntos