O Lugo segue sen atopar o camiño do gol contra o Barakaldo (0-0)
O Lugo segue sen atopar o camiño do gol contra o Barakaldo (0-0)
Os de Lolo Escobar suman cinco puntos logo de catro xornadas
Lavín apareceu no engadido para salvar o empate
O Lugo segue acusando a falta de gol neste inicio de temporada, o que lle impide escalar postos na clasificación. O conxunto de Lolo Escobar non foi quen de perforar a portería do Barakaldo, e deixou fuxir outros dous puntos do Anxo Carro.
Na primeira metade comezou mellor o conxunto vasco pero, paradoxicamente, a mellor opción foi dos lugueses, nun bo remate á saída dun córner que sacou con apuros Unai. O Lugo mellorou nese treito final, sobre todo pola banda dereita, pero non chegou a inquietar a Unai neses últimos minutos.
Na segunda metade mantívose a tónica, co Lugo pasando algúns apuros, pero chegando tamén con perigo. Jon Cabo tivo unha ocasión, antes de que Natan sacase unha clara acción visitante baixo os paus. Despois, Martín Ochoa tivo unha clarísima acción, pero non chegou para empuxar o centro ao fondo da rede. O cero a cero final deixa aos de Lolo Escobar con cinco puntos. Seguen invictos pero, cun so gol a favor, so puideron acadar unha vitoria.