Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo vive a súa peor tarde ante o Tarazona (0-1)

O Lugo vive a súa peor tarde ante o Tarazona (0-1)

O ex-xogador lucense Borja San Emeterio marcou o gol do equipo aragonés

Os de Trashorras apenas xeraron oportunidades

G24.gal 07/04/2024 18:24

O Lugo despediuse de xeito definitivo da promoción de ascenso logo de asinar contra o Tarazona unha das súas peores actuacións da temporada (0-1). O equipo de Trashorras non deu xerado perigo, gozou de ocasións de escasa entidade e non tivo capacidade de reacción cando se viu por debaixo no marcador. 

No primeiro tempo o espectáculo foi nefasto. Ningún dos equipos xerou oportunidades e o sopor apoderouse dunha bancada que asubiou o seu cadro. Mellorou o Tarazona no segundo tempo e atopou o gol nunha xogada a balón parado que culminou Borja San Emeterio. O ex do Lugo marcou os dous goles nesta temporada, tanto en terras aragonesas como no Anxo Carro. 

Tentouno a través dos cambios o equipo galego e tivo algunha aproximación, máis por corazón que por xogo. Mario da Costa converteuse no dianteiro máis perigoso pero ningunha das súas situacións rematou en gol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade