O Lugo volve atopar o camiño da vitoria en Tajonar (1-2)
O Lugo volve atopar o camiño da vitoria en Tajonar (1-2)
Nacho Quintana e Víctor Narro marcaron os goles do equipo de Munitis
Desde a primeira xornada non conseguía un triunfo o Lugo. Volveu atopar o camiño do triunfo nas instalacións de Tajonar, onde actúa como local o filial do Osasuna (1-2).
O gol de Nacho Quintana ao pouco de principiar deulle a tranquilidades necesaria ao equipo de Munitis, que non xogou coa ansiedade doutros días. O Osasuna chegaba nunha situación de privilexio, pero en ataque só amosou algunha pinga de Max Svensson.
No segundo tempo veu o momento clave. Aguirre enviou un remate ao pau para os locais e a resposta do Lugo foi contundente co segundo tanto marcado por Víctor Narro. Tocou facer un exercicio defensivo importante, con Lucas Díaz seguro baixo paus e certa dose de sorte cos lanzamentos á madeira.
Unai Buján presionou co seu gol no 85. O Osasuna botouse á desesperada e Sabit gozou dunha grande ocasión para facer o terceiro.