Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lume arrasa unha vivenda en Becerreá

O lume arrasa unha vivenda en Becerreá

Un curtocircuito puido ser a causa do incendio

A estrutura de madeira colapsou en pouco tempo

G24.gal 10/06/2024 12:30

Un curtocircuíto nos cables da televisión semella ser a causa máis probable do incendio que arrasou unha vivenda no lugar de Pando, en Becerreá. O dono da casa leva días hospitalizado polo que estaba baleira cando comezou o lume. En pouco tempo, as lapas prenderon na estrutura de madeira antiga e o interior acabou colapsando. Tan só a cociña se salvou por estar illada.

"Tivo que ser o cable da televisión porque se vía queimado da corrente e non do lume", Manuel Gómez, irmán do propietario.

Ata o lugar acudiron os bombeiros de Sarria así como o GES de Becerreá e unha patrulla da Garda Civil. Os equipos de extinción puideron evitar que o lume se espallara ata o hórreo e as palleiras que lindan coa casa. No incendio perdéronse todas as pertenzas do propietario, polo que terá que aloxarse con algún familiar cando saia do hospital. Agora non saben se se poderá rehabilitar a casa ou haberá que derrubala.

"Arderon as vigas mestras e o tellado. Pouco se vai poder salvar. Ou nada".

Dado que a casa está apartada, crese que as lapas puideron comezar de madrugada e que a casa puido estar ardendo antes de que se dera a alarma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade