O incendio activo de Riabadavia comezou nun Punto Limpo e xa queimou 30 hectáreas
O incendio activo de Riabadavia comezou nun Punto Limpo e xa queimou 30 hectáreas
Medio Rural dá por extinguido o de Lobeira e controlado o de Cenlle
O último incendio activo nestes momentos en Galicia arrincou este xoves á tarde en Ribadavia, na parroquia do mesmo nome. Alí os servizos de extinción aínda non se puideron facer co lume, o incendio permanece activo e alcanzou as 30 hectáreas, segundo os últimos datos facilitados por Medio Rural.
Segundo fontes municipais, este incendio comezou no denominado Punto Limpo de depósito de residuos e desde alí propagouse moi rapidamente.
As lapas están activas, pero segundo os técnicos do operativo de extinción, o incendio podería estar controlado en breve.
O grupo municipal do BNG pediu explicacións ao Goberno municipal sobre as circunstancias que orixinaron o lume, a xestión do Punto Limpo e como se estendeu o incendio a zonas forestais.
Continúa controlado o lume no municipio de Cenlle, parroquia da Pena, con 62 hectáreas afectadas ata o momento.
Este venres á mañá tamén se deu por extinguido o incendio de Lobeira, parroquia de Parada, con 35 hectáreas afectadas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, que é limítrofe con Portugal.