Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo para solicitar preto de 47.000 prazas de FP en Galicia

Abre o prazo para solicitar preto de 47.000 prazas de FP en Galicia

Entre as novidades figuran dos másteres relacionados co comercio e as redes sociais

A directoral xeral de FP destaca a existencia de titulacións exclusivas de Galicia

G24.gal 23/06/2024 13:37 Última actualización 23/06/2024 14:00

Desde este luns ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de admisión para cursar unha titulación de Formación Profesional nas case 47.000 novas prazas habilitadas para o próximo curso, un 11 por cento máis que no anterior para calquera das 214 titulacións ofertadas.

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, afirma que estes estudos están en constante transformación para adaptarse ás necesidades das empresas e a inserción laboral supera o 85 por cento.

Entre as novidades para o curso que ven, Pérez destaca unha titulación básica de forestais e outra para condutores de vehiculos pesados por estrada. E dous novos masters relacionados co comercio e a comunicación dixital.

"E temos despois algo que é moi propio de Galicia, moi exclusivo que son esas titulacións de alta especialización que responden a demandas dos diferentes sectores produtivos de deferentes empresas que fan que combinemos ciclos, módulos dalgúns ciclos con outras titulacións, é dicir, unha fomración moi a medida, deseñada e traballada cos sectores produtivos". "A través da páxina web de FP edu.xunta. gal/fp pode accederse a toda a oferta e pode inscribirse todo o mundo".

Son 214 titulacións, entre as que hai 17 de nova creación, con 153 ciclos medios, 22 máster, 24 títulos de alta especialización e 15 programas para persoas con necesidades especiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade