Cargando resultados...
Veciños de Mos din que o ruído polo mal estado do firme da autovía non os deixa durmir
Veciños de Mos din que o ruído polo mal estado do firme da autovía non os deixa durmir
Os camións xeran estrondo ao circular sofre o asfalto danado
G24.gal
29/06/2023 13:48
Un dano no firme de dous metros de diámetro nas famosas curvas de Tameiga en Mos está a multiplicar exponencialmente o ruído que aturan os veciños próximos á curva. Algúns din que só dormen dúas horas: entre as tres e as cinco.
A choiva, o constante paso de vehículos máis 60.000 ao día e a presenza dunha mina de auga deterioran o firme con moita frecuencia. Os veciños tamén cuestionan os "remendos" que se lle fan á vía.
Os afectados apostan pola liberalización da peaxe da autoestrada que vai polo monte ou a colocación de pantallas acústicas e que obviamente a reparación do firme.