O mal tempo e a chuvia non poden cos peregrinos
O mal tempo e a chuvia non poden cos peregrinos
Houbo algúns peregrinos aos que se lles fixo costa arriba facer a última etapa con tanta chuvia
A mal tempo, boa cara... Iso é o que deberon pensar os peregrinos que esta mañá chegaban a Compostela.
Un peregrino que ven de Vitoria di que á vida hai que poñerlle boa cara para que as cousas salgan ben. Outra que ven de Xirona di que non espera tanta auga e tanto verde pero asegura que lle gustou. Un peregrino de Sevilla di que a pesar da chuvia está moi contento e desexoso de ver ao Apóstolo.
A maioría asegurábanos que durante todas as etapas do Camiño tiveron bo tempo. Din que estando en Galicia xa tocaba algo de auga.
Unha peregrina que fai o camiño dende Sarria asegurábanos que tivo bo tempo todos os días ata hoxe. Di que lle faltaba o reto da chuvia de Galicia que é símbolo de prosperidade. Outro dicía que non importa a chuvia porque o Camiño ten maxia.
Así e todo tamén houbo algúns peregrinos aos que se lles fixo costa arriba facer a última etapa con tanta chuvia.
Unha muller que viña de Cataluña dicía que lle estaba custando esta última etapa con tanta chuvia, que é unha pena porque non podes ver a paisaxe e tes que ir todo o tempo mirando para o chan.
Pero como di o refrán a grandes males grandes remedios. Está máis que demostrado que nin as inclemencias meteorolóxicas poden coa marea de peregrinos que día tras día chegan a Compostela.