O Camiño de Santiago mantén o pulo na Semana Santa malia a choiva e a neve
O Camiño de Santiago mantén o pulo na Semana Santa malia a choiva e a neve
En Pedrafita do Cebreiro os camiñantes enfrontárose a unha neve coa que non contaban nesta época
O chuvasqueiro é unha prenda imprescindible nestes días
Parece que o tempo concede unha tregua, pero as nubes ameazan con descargar en calquera momento. Non son, con todo, un obstáculo para facer o Camiño de Santiago.
Atoparon a neve no Cebreiro, aínda que é Sarria a localidade onde moita xente inicia o percorrido porque dista pouco máis de cen quilómetros de Compostela.
Nesta ocasión a Semana Santa chegou con temporal, pero para Heather, de California, e Luis, de Valladolid, era o momento de facelo. Ambos os dous perderon recentemente os seus pais.
Independemente do tempo ou das razóns de cada un, o Camiño de Santiago mantén o seu tirón. No que vai de ano selaron a compostela na Oficina do Peregrino de Santiago 23.800 persoas.