Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Marín FS remonta para levar o derbi contra o Ourense Envialia (3-2)

O Marín FS remonta para levar o derbi contra o Ourense Envialia (3-2)

O Ourense Envialia adiantouse por dúas veces

María León (2) e Pau García asinaron a remonta das pontevedresas

G24.gal 11/02/2023 19:10

O Marín Fútbol Sala e o Ourense Envialia protagonizaron un derbi galego que foi de menos a máis, logo dunha primeira metade de control dos dous equipos, e dunha continuación con goles, alternativas e un desenlace a prol das locais.

Cando xa parecía que o empate sen goles ía seguir no marcador ao descanso, as ourensás marcharon con vantaxe. Foi despois do saque dunha falta que acabou transformando en gol Iria Saeta. Quedaba menos de medio minuto e o gol mandou á caseta con vantaxe ás visitantes.

Na segunda metade o Marín buscou o empate, pero este non chegou ata os últimos cinco minutos, cando se precipitaron os acontecementos. A igualada levou a sinatura de María León.

So dous minutos despois do empate, o Ourense Envialia volvía adiantarse co 1 a 2, asinado por Candela. Pero desta volta non lles foi tan complicado ver porta ás locais. Pau García volvía empatar o encontro apenas medio minuto despois. 

E, cando parecía que o empate ía ser definitivo, o Marín levou o partido. Foi nunha rápida combinación que comezou na súa propia portería, tocou Ale de Paz e marcou María León. Quedaba menos de medio minuto para o remate. 3-2 no derbi da Raña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos