Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Marisquiño en Vigo ábrese tamén á discapacidade

O Marisquiño en Vigo ábrese tamén á discapacidade

O certame acolle o Primeiro Campionato Europeo Adaptado de Skate

G24.gal 10/08/2024 14:33

Vinte e catro anos fai xa o Marisquiño que este ano conta con varios escenarios en Vigo, o primordial é Samil, pero hai tamén espectáculos no barrio histórico e no Náutico.

A novidade deste ano é o Primeiro Campionato Europeo de Skate adaptado, con dez participantes entre os que está a americana Kanya Sesser, que malia non ter pernas goza coa liberdade que lle dá este deporte. Marcelo Lusardi, embaixador deste evento, tamén é feliz recuperando o deporte que xa facía antes de perder a visión.

O skate non sabe de idades nin de discapacidades e os skaters din que ten algo que engancha. Moitos deles percorren diversos certames no mundo, mesmo as olimpíadas das que acaba de chegar a catalá Daniela Terol, que quedou décimo terceira en París pero non quixo perder a cita viguesa para compartir cos amigos.

O colombiano David López compite e tamén vén como profesor.

Concertos, breakdance, BMX, Basket 3 por tres e bicicleta de montaña son as outras disciplinas que se poden ver na edición deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar