O médico que maltrataba os seus oito fillos, acusado tamén de agresión sexual
O médico que maltrataba os seus oito fillos, acusado tamén de agresión sexual
"Obrigounos a ver porno e a representalo", declara a filla de 14 anos
Novas revelacións do que ocorría de portas para dentro nesta vivenda de Colmenar Viejo, xa coñecida como a casa dos horrores. A maior dos oito fillos do matrimonio investigado por malos tratos suma unha nova acusación aos episodios de vexacións e abusos físicos e psicolóxicos que sufrían.
Ten 14 anos e declarou que o pai tamén a agredía sexualmente. Segundo o seu relato, obrigouna a ela e a súa irmá de 12 anos a veren vídeos pornográficos e representalos con el. Segundo a adolescente, se non obedecían, mallaba nelas e ameazábaas de morte se contaban algo. Asegura que mesmo a obrigou a facerlle tocamentos á nai por negarse a realizarlle a el unha felación.
O proxenitor, médico de profesión, continúa exercendo nun hospital de Madrid. Ten unha orde de afastamento da muller, tamén investigada na causa. Os oito nenos están nun centro de acollida.