O mellor barista de España está en Vigo
Marcos González gaña por terceira vez este concurso polo seu café e representará a España en Milán
O vigués Marcos González acaba de gañar por terceira vez o premio ao mellor barista de España pola súa elaboración de café: tanto de espreso como con leite e en cóctel.
En outubro participará en Milán representando a España. O seu éxito non é casualidade, busca polo mundo os mellores grans de café e tamén traballa con leite mazado.
Cando Marcos fixo o primeiro café aínda non chegaba á maquina, tiveron que poñerlle un banco. Agora busca cada gran en Colombia ou Panamá, coida os produtores locais e fai verdadeira alquimia en cada café.
Catro espresos, catro con leite e catro cócteles con base de café seduciron o xurado.
E agora só queda probalos, algo que nós xa fixemos, pero que todos poderán facer a partir de abril a través da súa páxina web: rootcafe.es.