O mércores abre a nova praia fluvial de Monforte
O mércores abre a nova praia fluvial de Monforte
É a terceira da Ribeira Sacra
A nova praia fluvial de Monforte ten uns seiscentos metros cadrados e está situada dentro das instalacións do club fluvial. É a terceira deste tipo que hai pola zona, pero a primeira que hai nesta cidade.
A idea xurdiu hai apenas 20 días e chegou de man da nova xunta directiva da entidade.
Todo o traballo de ir amontoando os coios foi feito a man, sen máquinas, para respectar o leito do río o máximo posible.
Tamén se aproveitou a area sedimentada polo Cabe e, simplemente, se amoreou a area fina e branca que cobre a que xa estaba.
A directiva do club é consciente de que, tras cada inverno, haberá que facer labores de recuperación do areal que vaia levando o río.
A diferenza dos outros areais fluviais que hai na Ribeira Sacra, como A Cova, no Saviñao, ou San Clodio, en Ribas de Sil, para gozar deste areal, si que hai que pagar, pero o prezo por asociarse a esta entidade é de 13 euros ao mes. Con estes cartos pódense acceder a todas as instalacións do club, incluída unha piscina olímpica.