Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este mes de abril foi o máis cálido e seco de España desde que hai rexistros

Este mes de abril foi o máis cálido e seco de España desde que hai rexistros

Santiago rexistrou as maiores precipitacións diarias con 57,8 litros o día 22

G24.gal 08/05/2023 16:40

O mes de abril  foi o abril máis cálido en España desde o comezo da serie, cunha temperatura media que rozou os 14,9 graos, é dicir, 3 graos por encima da media para este mes. Segundo o balance climático da Axencia de Meteoroloxía publicado este luns, abril alcanzou unhas máximas diarias que se situaron de media 4,7 graos por encima do valor normal.

As mínimas estiveron 1,3 graos por encima da media, cunha oscilación diaria de 3,4 graos superior á normal do mes. Nunha trintena de estacións principais, a temperatura media foi a máis alta dun mes de abril desde que existen rexistros, mentres que en corenta e cinco estaciones principais a media das máximas foi a máis alta da serie de abril. Respecto á media das mínimas, foi tamén a máis alta desde o comezo das observacións.

Por zonas, o mes pasado foi entre extremadamente seco e moi seco en case todo o país, a illa de Eivisa e as illas Canarias occidentais; entre seco e normal en Galicia, norte de Cataluña, puntos de Castela e León, norte de Navarra, nordés de País Vasco e zonas costeiras de Murcia e nas illas canarias orientais foi normal.

As maiores precipitacións diarias rexistradas en observatorios principais corresponderon a Santiago de Compostela/aeroporto, con 57,8 litros o día 22; Hondarribia/Malkarroa con 35,2 litros o día 12; Vigo/Aeroporto con 31,8 litros e Pontevedra con 26,2 litros, o día 13. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade