Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ministerio de Sanidade fará unha nova convocatoria mir para cubrir as vacantes

O Ministerio de Sanidade fará unha nova convocatoria mir para cubrir as vacantes

Tres de cada dez prazas para medicina de familia quedaron vacantes

G24.gal 09/05/2023 14:51

De cada dez prazas dos mir para médicos de familia, tres quedan vacantes. Na última convocatoria do Ministerio de Sanidade ofertáronse 8.550 prazas en toda España. Quedaron vacantes só na especialidade de medicina de familia, a menos demandada das especialidades.

En España son 202 prazas vacantes. En Galicia, foron 39. Para tentar cubrir todas esas prazas, o Ministerio de Sanidade convocará un mir extraordinario.

A Ministra de Educación, Pilar Alegría di que hai que tomar medidas para dotar de médicos a atención primaria, especialmente nas zonas rurais. "Unha oferta histórica de prazas mir pero tamén houbo unha transferencia de 400 millóns de euros destinados á atención primaria que nos parece a base da sanidade. Aínda que non teñamos competencias temos que poñer todos os recursos a disposición  para consolidar a nosa sanidade", di a ministra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade