Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ministerio de Transportes comeza a desmontar o viaduto do Castro, na A-6

O Ministerio de Transportes comeza a desmontar o viaduto do Castro, na A-6

Os traballos están encamiñados á construción do novo viaduto en sentido Madrid

G24.gal 01/02/2023 18:08 Última actualización 01/02/2023 21:07

Xa está en marcha a desmontaxe dos vans do viaduto do Castro na A-6.

O Ministerio de Transportes iniciouna este mércores. Tras a análise de diferentes procedementos, finalmente vaise demoler cun robot.

A decisión de utilizar medios mecánicos operados de forma remota  é para priorizar a seguridade dos usuarios da autovía e tamén dos traballadores.

Este procedemento é o mesmo que se empregou para a desmontaxe do van número dous do viaduto da calzada en sentido A Coruña, que foi o que colapsou en xuño do ano pasado.

Tras a retirada dos dous vans, procederase a desmontar a pía e a retirar os restos da estrutura.

O inicio destas obras supón tamén o dos traballos encamiñados á construción do novo viaduto en sentido Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade