Cargando resultados...
O ministerio de Transportes licita a rehabilitación da estrada N-540 en Lugo
Nos traballos investiranse máis de 12 millóns de euros
G24.gal
07/08/2023 18:19
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana licita por 12,5 millóns de euros a rehabilitación do firme na estrada N-540, na provincia de Lugo.
Nun comunicado, o Mitma informou que esta actuación, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 0 e 68,9, ten como obxectivo a rehabilitación estrutural e superficial do firme e mellorar a seguridade viaria neste tramo. Tamén se levarán a cabo actuacións complementarias.
Estas obras inclúense no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que o Mitma investiu máis de 105 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia lucense.