Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro do Interior informa os partidos da situación de alerta antiterrorista

O ministro do Interior informa os partidos da situación de alerta antiterrorista

Fernando Grande-Marlaska reúnese cos representantes dos partidos no Congreso este venres pola tarde

O PP di que acode ao encontro con "actitude construtiva" 

España mantense en nivel 4 de alerta antiterrorista con reforzo de seguridade en embaixadas e centros relixiosos

G24.gal 20/10/2023 14:39

España mantense no nivel catro de alerta antiterrorista, nunha escala de cinco. Si se adoptaron medidas complementarias na seguridade de embaixadas e delegacións diplomáticas como a de Israel, Palestina, Francia ou os Estados Unidos. Tamén en centros relixiosos como mesquitas ou sinagogas.

O reforzo chega tras os ataques terroristas e as ameazas de bomba rexistradas esta semana en Francia e Bélxica. E nese contexto, o alcalde da capital de España, José Luis Martínez-Almeida, opina que sería "razoable" elevar a alerta en Madrid ante "as datas que se achegan, con grandes aglomeracións de persoas".

En resposta, o ministro do Interior en funcións pediu "que ningún representante político faga política partidista ao respecto" xa que a determinación dos niveis de ameaza terrorista "non é caprichoso".

Esta tarde, Fernando Grande-Marlaska reúnese no ministerio cos representantes dos partidos para informalos da situación. O PP di que acode con actitude construtiva. Cuca Gamarra, secretaria xeral do partido, asegurou que farán unha valoración "despois de escoitar o que o Goberno teña que transmitir nun tema tan delicado como é a seguridade, no que queremos transmitir tranquilidade aos españois".

O ministerio do Interior tamén desmente unha noticia falsa que circula polas redes en que se afirma que a Policía Nacional activou unha alerta por atentado inminente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade