Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os misterios da vida do polbo

Os misterios da vida do polbo

Investigadores do CSIC estudaron 22 polbos que soltaron no parque natural das illas atlánticas

 Fixéronlles un seguimento grazas a emisores acústicos que lles colocaron para localizalos baixo a auga

Din que os polbos son sociables e travesos

G24.gal 10/08/2022 14:35

Dúas décadas levan os investigadores do CSIC estudando a misteriosa vida do polbo en liberdade co obxectivo de facilitar a súa cría en catividade. 

"Un dos ocos que tiñamos era saber cal era o seu comportamento no seu habitat natural porque é moi complicado. Anteriormente usamos vídeos submariños, pero agora teremos máis información porque será dun tempo máis largo", di o investigador do CSIC, Ángel González.

E agora están a piques de desvelar a información obtida dos 22 polbos que soltaron no parque natural das illas atlánticas e aos que fixeron un seguimento cos emisores acústicos dos que os dotaron para localizalos baixo a auga. 

En catividade si se coñece ben o seu comportamento, e resulta que os polbos son sociables e travesos.

"Si non lles gusta alguén, porque é moi grande ou non leva un peiteado adecuado, envíanlle chorros de auga como se foran francotiradores", asegura o biólogo mariño Álvaro Roura.

O estudo é o primeiro destas características que se fai no mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade