Publicador de contidos
Publicador de contidos

O modelo de peonalización de Lugo saca peito coa redución á metade do tráfico na rolda da Muralla

O modelo de peonalización de Lugo saca peito coa redución á metade do tráfico na rolda da Muralla

A vía que rodea o recinto histórico pasou de 14.000 vehículos a 7.000 en cinco anos

O último tramo peonalizado, na praza da Mosqueira
Félix Aragunde 21/10/2024 19:46 Última actualización 21/10/2024 20:10

Dez anos despois de crearse o primeiro treito da rolda da Muralla libre de tráfico, Lugo estreaba o segundo treito destas características, na icónica praza da Mosqueira.

Como resultado destas actuacións, a día de hoxe circulan polo resto da rolda a metade de vehículos que hai cinco anos. Se en 2019 circulaban pola rolda da Muralla uns 14.000 vehículos ao día, na actualidade fano uns 7.000.

O mesmo receo que puido espertar nun primeiro momento o caso lugués adoita darse cando se decide facer peonil unha vía pública en calquera outro punto do país. Así e todo, o tempo acaba por demostrar que nestes casos melloran tanto a calidade de vida coma os negocios da zona.

A potenciación do transporte público, que por vez primeira superará os 200.000 viaxeiros nun só mes, tamén está a axudar ao éxito do exemplo de Lugo.

 

Tramo da rolda da Muralla onde segue a haber tráfico, ao pé da porta de San Pedro Tramo da rolda da Muralla onde segue a haber tráfico, ao pé da porta de San Pedro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade