Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da distribución ameaza con deixar de repartir no centro de Lugo durante o Arde Lucus

O sector da distribución ameaza con deixar de repartir no centro de Lugo durante o Arde Lucus

Os camións de máis de 3.500 quilos deixaron de poder acceder por dúas das portas

Piden unha maior flexibilidade nos horarios de repartición do recinto histórico

G24.gal 05/06/2024 13:47

Debido ás obras de peonalización en boa parte do centro de Lugo, os vehículos de máis de tres toneladas e media deixaron de poder acceder polas rúas do Teatro e Montevideo.

Tras implantarse esta medida, que ten como fin protexer o patrimonio, os distribuidores están valorando se van deixar de repartir no recinto histórico a partir do luns vindeiro.

Este paro dos repartidores coincidiría coa celebración do Arde Lucus, unha festa que cada ano congrega máis de medio millón de persoas. Trátase, por tanto, dunha medida de presión por parte do sector da distribución, que busca solucións para poder realizar o seu traballo.

Outra das limitacións que afectan o aprovisionamento do centro ten que ver cos horarios de repartición. Os distribuidores poden acceder dende primeira hora do día ata media mañá e outro par de horas máis ata media tarde, unhas marxes que dende o sector consideran insuficientes.

Pola súa parte, dende o Concello sinalan que se están a conceder permisos para acceder polas portas da Estación e do Bispo Odoario, e recordan que se mantén o límite de 5.500 quilos de peso no resto dos accesos ao centro da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade