Novas plataformas veciñais en Lugo pola peonalización e a degradación dalgúns barrios
Novas plataformas veciñais en Lugo pola peonalización e a degradación dalgúns barrios
Na plataforma da zona centro temen os efectos das obras de peonalización
Na zona norte preocupa a degradación, o aumento de okupas e a inseguridade
Queren ser un enlace entre os residentes e as autoridades locais para esixir melloras nos seus barrios. Lugo conta con dúas novas plataformas veciñais. A da parte histórica, que aínda dá os seus primeiros pasos, ten entre as súas preocupacións os efectos das obras de peonalización.
Un dos aspectos que máis preocupa na zona é que o tráfico vaia desviarse provisionalmente por unha estreita vía peonil como a rúa Nova. Ben diferentes son as principais reclamacións da plataforma SOS Zona Norte, que xa fixo a súa primeira mobilización.
Critican a degradación de barrios como a Milagrosa, onde proliferan os ocupas, e que non se pechen algúns conflitivos locais de lecer nocturno que acumulan expedientes sancionadores. Din que se non hai avances chegarán novas mobilizacións.