Publicador de contidos
Publicador de contidos

O número de mortos nos terremotos de Turquía e Siria supera os 21.000

O número de mortos nos terremotos de Turquía e Siria supera os 21.000

Bombeiros e rescatadores combaten as duras condicións de traballo e, a pesar das poucas probabilidades, seguen buscando vida entre os cascallos

Nalgunhas zonas de Turquía xa están suspendendo a busca de superviventes
G24.gal 10/02/2023 08:53 Última actualización 10/02/2023 09:11

Estas escenas de alegría serán a cada día que pasa máis excepcionais. Esta nena na cidade siria de Jandairis ou este pequeno de Azmarín, tamén en Siria, tiveron a sorte de seren rescatados a tempo, tras aguantar cinco días enterrados en vida. 

A axencia estatal turca de noticias anunciaba esta madrugada o rescate dunha nai mais a súa filla. Pouco antes, na provincia de Hatay, os equipos turcos de emerxencia rescataban tamén un pai e a súa filla de cinco anos. 

Cen horas despois do gran terremoto do luns, bombeiros e expertos rescatadores combaten as duras condicións de traballo e, a pesar das poucas probabilidades, seguen buscando vida entre os cascallos. Máis nunhas zonas ca noutras. E máis en Turquía ca en Siria, onde a guerra dificulta a entrada de axuda estranxeira.

Polo menos, os primeiros seis camións da ONU con mantas e tendas de campaña xa puideron entrar en territorio sirio desde a fronteira con Turquía. O envío os cascos brancos considerárono decepcionante por non incluír equipos de rescate. 

España anunciou que enviará millón e medio de euros para as oenegués que traballan en Siria. Cara a Turquía saíu xa esta noite un hospital de campaña.

Os Estados Unidos anunciaron tamén que levantan as sancións impostas a Siria e vai permitir durante 180 días todas as transaccións ao país relacionadas coa resposta humanitaria aos terremotos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade