Un sismo de magnitude 4,2 sacode Quito, a capital de Ecuador
Un sismo de magnitude 4,2 sacode Quito, a capital de Ecuador
Segundo as primeiras informacións oficiais das autoridades ecuatorianas, ata o momento non se informou de danos persoais nin materiais
Un sismo de magnitude 4,2 sacudiu na madrugada deste luns Quito, a capital de Ecuador, sen que ata o momento se informase de danos persoais nin materiais, segundo as primeiras informacións oficiais das autoridades ecuatorianas.
O tremor rexistrouse ás 00:27 hora local (5:27 GMT) e o seu epicentro situouse a 8,5 quilómetros ao leste do centro de Quito, segundo informou o Instituto Xeofísico da Escola Politécnica Nacional.
#SISMO ID:igepn2024muyj Revisado 2024-07-01 00:27:52 TL Magnitud: 4.2 Profundidad: 9 km, a 8.49 km de Quito, Pichincha, Latitud: -0.17 Longitud:-78.39 Ecuador. Sintió este sismo? pic.twitter.com/kqoTRZvTcM
— Instituto Geofísico (@IGecuador) July 1, 2024
O movemento telúrico orixinouse a 9 quilómetros baixo a superficie terrestre, o que fixo que se sentise cunha intensidade forte nos pisos altos dos edificios da cidade.
Ecuador atópase situado no Cinto de Lume do Pacífico, un anel que percorre ambos os dous lados deste océano e onde se produce o 85 % da actividade sísmica mundial, produto da interacción entre distintas placas tectónicas.