Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Nadal prende nas cidades galegas

O Nadal prende nas cidades galegas

Este venres iluminaron as rúas Pontevedra, Lugo, Ourense e Santiago 

G24.gal 03/12/2021 21:27

Un mozo do colexio de Educación Especial do Pino acendeu este serán a iluminación do Nadal do concello de Ourense con máis de 2,3 millóns de puntos de luz e 700 árbores decoradas por todos os barrios, cun investimento superior aos 300 mil euros.

E na praza do Obradoiro de Santiago loce xa a tradicional árbore de 22 metros de altura que quedará prendida ata o 6 de xaneiro igual que os 21 quilómetros de luces nas rúas e nas prazas do casco vello, nos que o concello gastou 200.000 euros.

Unha árbore xigante con 15.000 puntos de luz que se repite na praza Maior de Lugo, onde preto de 200 arcos iluminan as principais rúas da cidade. Ademáis, hai unha decoración especial das farolas da cidade e da zona pola que discorre o Camiño Primitivo.

A decoración de Nadal prendida en Pontevedra inclúe espectáculos luminosos nas pontes do Burgo e das Correntes como un desfile de cabalos de luz e, de novo, unha grande árbore luminosa. A partir do día 20 a cidade acollerá unha ampla programación de rúa durante as festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar