Publicador de contidos
Publicador de contidos

O naval galego bota a andar Navalia 2024 con boas perspectivas

O naval galego bota a andar Navalia 2024 con boas perspectivas

O presidente Rueda pídelle ao Goberno que teña en conta o esforzo do sector en Galicia para o PERTE do naval

G24.gal 28/02/2023 17:56 Última actualización 28/02/2023 18:43

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou este martes o comité executivo de Navalia 2024, co que bota a andar a organización da maior feira do naval de España, que se celebra en Vigo cada dous anos. A próxima, e novena, edición celébrase en maio do 2024 e xa ten confirmada a presenza dos Países Baixos, Cabo Verde, A Arxentina ou Colombia.

Tanto os empresarios como o presidente da Xunta coinciden en que o naval galego pasa por un bo momento tras anos complicados. O director de Navalia 2024, Javier Arnou, explicou que xa está reservado o 70% do espazo do Ifevi que ocupou a edición do 2022.

Alfonso Rueda pídelle ao Goberno central que teña en conta o esforzo do sector no PERTE do naval. O 13 de marzo acaba o prazo para presentar as candidaturas a ese PERTE, que prevé un investimento de case 1.500 millóns de euros entre achegas públicas e privadas.

"Pediuse un esforzo de unión de todo o sector en Galicia e ese esforzo fíxose. E agora o que adargamos é poder recoller os froitos. Hai moitos cartos en xogo e moitas oportunidades. Espero que, ao contrario doutros PERTE, neste hai recoñecer que se dialogou máis, que saian ben as cousas e que se converta nesa panca que fai falla para acabar de arrancar", dixo Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade