O negocio das comuñóns: entre dous mil e tres mil euros de gasto para un só día
O negocio das comuñóns: entre dous mil e tres mil euros de gasto para un só día
Arredor de 250.000 nenas e nenos fan cada ano a primeira comuñón en España
O negocio total nun ano move 600 millóns de euros
Arredor de 250.000 nenas e nenos reciben cada ano a súa primeira comuñón en España . Son menos ca nos anos 80, pero segue a ser unha das celebracións máis populares entre a cativada, máis aló do feito relixioso.
Unha celebración que non é barata: o presuposto medio roza os tres mil euros porque celebrar unha primeira comuñón converteuse nun evento social cun gasto extraordinario que comeza co traxe, o peiteado e os complementos, segue co banquete e o vídeo e fotorreportaxe para rematar cos agasallos e as peticións especiais para o evento.
A organización tamén é máis importante do que parece, cada ano os prazos vanse adiantando. En xaneiro xa van xustos.
Non é de estrañar que desde a crise de 2008 as mentalidades vaian mudando e vaia tomando forza o alugueiro do traxe ou o préstamo entre familiares e amigos e a redución do número de invitados con menús pechados.
A Unión de Consumidores calcula que con estas medidas o gasto medio de tres mil euros xa pasou a rozar os dous mil para vinte persoas.
Un negocio arredor das primeiras comuñóns que move 600 millóns de euros ao ano en toda España.