Publicador de contidos
Publicador de contidos

O neno que marchou a Bélxica para reinar no motocrós

O neno que marchou a Bélxica para reinar no motocrós

Cando tiña 10 anos e despois de gañar o campionato de Europa e do mundo de 65cc a súa familia decidiu marchar a Lommel (Bélxica) para cumprir o soño de Jorge

G24.gal 18/09/2023 11:31

En 2011 anos a familia Prado apostou forte. Marcharon cara Bélxica cos seus dous nenos pequenos, Cecilia e Jorge. Todo por un soño do cativo Jorge, de só 10 anos. Era un portento coa moto e moitos olladores viron nel un diamante en bruto. Non se enganaron. 

Jesús e Cristina, os pais, tiveron que tomar unha decisión que cambiaría as súas vidas. Deixar a súa vida en Lugo, a carón dos seus, e marchar en dirección a Lommel, unha pequena vila onde só se fala de motor. 

Jorge viña de ser campión de Europa e do mundo na categoría de 65 cc con só 10 anos. KTM e Red Bull non o dubidaron e asinaron un contrato de cinco temporadas. Os patrocinadores asegurábanlle o material para adestrarse e competir, pero non a manutención da familia. Os dous tiveron que adaptarse nun país en que todo era descoñecido. 

No 2015 debutou no mundial de MX2 do que foi campión no 2018 e 2019. Estaba preparado para dar o salto á categoría absoluta onde se mediría aos grandes: Cairoli, Gajser, Herlings ou Febvre. Pagou a peaxe da adaptación, aprendeu dos erros e neste 2023 foi o máis regular para proclamarse campión do mundo a falta dunha proba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar