Cargando resultados...
O nordeste de España repara e fai balance tras as tormentas
O nordeste de España repara e fai balance tras as tormentas
Logo de anegar Zaragoza e Vitoria, incidiron na Rioxa
A localidade de Rincón de Soto transformou as rúas en ríos
G24.gal
08/07/2023 13:25
Última actualización 08/07/2023 21:02
O nordeste de España afectado polas tormentas repara e fai balance dos danos.
O xoves a peor parte levárona Zaragoza e Vitoria, e o venres á tarde, Rincón de Soto, na Rioxa, onde as rúas se transformaron en ríos.
A localidade, de 4.000 habitantes, sufriu dúas tormentas seguidas, a primeira de sarabia e a segunda de chuvia e vento forte.
A auga subiu do medio metro, anegou baixos, bloqueou vehículos e obrigou a cortar o tráfico ferroviario e varios treitos de estrada.