O Obradoiro viaxou a Valencia con Álvaro Muñoz e Birutis
O Obradoiro viaxou a Valencia con Álvaro Muñoz e Birutis
Beliauskas quedou en Santiago confinado no seu domicilio
O Obradoiro viaxou a Valencia sen Beliauskas, confinado no seu domicilio, pero con Álvaro Muñoz recuperado do golpe recibido na súa faciana no encontro co Burgos e con Birutis que mellora dunha doenza na gorxa.
Ao Monbus quédanlle catro partidos para rematar a primeira volta e conta con cinco vitorias.
Co paso das horas, no Obradoiro dánlle maior valor á vitoria ante o Burgos. Unha vitoria que revitaliza o equipo para afrontar o partido aprazado ante Valencia.
Visita un rival que, tras superar un gromo de covid, encadea dúas derrotas consecutivas na Fonteta en apenas tres días. O domingo caeu en liga ante Breogán e onte na Eurocup fronte ao Cedevita.
Despois de coñecer os resultados negativos da plantilla nas probas de respaldo…
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 22, 2021
Poñemos rumbo a Valencia! 🚎✈️ #SomosObra pic.twitter.com/1qASQkW3PX