Publicador de contidos
Publicador de contidos

O oficio tradicional de ferreiro queda sen remuda

O oficio tradicional de ferreiro queda sen remuda

En Riotorto xa quedan poucos ferreiros en activo

Os fouciños son os produtos máis demandados

G24.gal 24/04/2024 14:17 Última actualización 24/04/2024 14:31

Seguindo o son da incre e o martelo chégase ata a forxa de Faustino e Agustín. A súa é xa das últimas que resoan, falta remuda neste oficio tradicional antes clave e agora en extinción.

"En toda a historia fixeron falta ferreiros e en todos os pobos tiña que haber un ferreiro. Era máis imprescindible daquela un ferreiro ca un médico", conta Agustín Iglesias.

Falar de Riotorto era falar de ferreiros, pero agora só quedan catro en activo. Agustín vai camiño de converterse no último. El representa a cuarta xeración familiar e leva máis de 30 anos traballando nesta forxa do lugar do Mazo.

"Este é un oficio que empezas xa de pequeno axudando e xa te vas metendo no oficio. Agora quedamos, contando tamén aos xubilados, sobre dez ferreiros pero dentro de pouco só quedarei eu", explica Agustín.

Os fouciños son o seu produto estrela. Véndeos na propia forxa, nas feiras e nas ferreterías da contorna, e mesmo viaxa cada ano a Castela antes da sega. Di que quen busca calidade non atopa nada igual.

"O que máis fago é fouciños pero tamén fago algún coitelo e algunha navalla. Destaca a calidade, o fouciño de ferreiro ao darlle co martelo endurece o material, aguanta máis e corta moito mellor", sinala este ferreiro.

O seu é un traballo de forza, destreza e paciencia, e suma ademais todas as fases do proceso. Tamén elabora os mangos e afía el mesmo na moa cada peza, un traballo manual que rezuma historia e artesanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade