O opositor venezolano Edmundo González viaxa a España tras recibir asilo político
O opositor venezolano Edmundo González viaxa a España tras recibir asilo político
O ministro de Asuntos Exteriores confirmou a concesión do asilo solicitado polo político
Edmundo González Urrutia, o exdiplomático de 75 anos que encabezou a candidatura opositora nas recentes eleccións presidenciais venezuelanas, abandonou esta fin de semana a batalla contra o goberno de Nicolás Maduro.
Despois de dúas semanas de negociacións entre os executivos de España e Venezuela, Edmundo González e a súa muller decidiron aceptar a oferta española e saíren de Caracas rumbo a Madrid.
En declaracións á prensa en Mascate, capital de Omán, o ministro de Asuntos Exteriores confirmou que se lle vai conceder o asilo político que solicitou.
Segundo José Manuel Albares, puido falar co veterano político cando xa estaba a bordo do avión das Forzas Aérea españolas encargado do traslado.
"Transmitinlle tamén a nosa alegría de que se atope ben, de que se atope rumbo a España, e volvinlle reiterar o compromiso do Goberno cos dereitos políticos, a liberdade de expresión e manifestación, e a integridade física de todos os venezolanos", engadiu.
Edmundo González era acusado de cinco delitos electorais, polo que se quedaba en Caracas era probable que o detivesen.
A vicepresidenta de Venezuela confirmou a saída autorizada do excandidato, que pasou os últimos días refuxiado en dependencias da embaixada de España.
A oposición venezolana non comentou o asunto polo momento, e tampouco aclarou que vai facer a súa líder, María Corina Machado, que permanece na clandestinidade en Venezuela.