Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Osasuna tira de oficio e supera o Deportivo (1-2)

O Osasuna tira de oficio e supera o Deportivo (1-2)

Doncel adiantou o equipo coruñés, pero o Osasuna remontou con goles de Kike e Budimir

Chave o tanto do empate, no engadido da primeira metade

G24.gal 16/12/2021 23:00

O Deportivo competiu pero non puido co Osasuna que superou a eliminatoria grazas ao 1-2 colleitado en Riazor. E iso que os coruñeses se puxeron por diante no minuto 25 cun golazo de Doncel. 

A chave do partido estivo no gol do empate acadado por Kike García cando pasaban dous minutos dos 45. De chegar ao descanso en vantaxe podería mudar moito o encontro porque na segunda parte o Osasuna impuxo a súa meirande experiencia. Agardou o seu momento e decidiu cun gol de Budimir que aproveitou o rexeite de Mackay. 

Ata o final presionaron os de Borja Jiménez que foron incapaces de marcar o gol que levase a eliminatoria á prórroga. O Deportivo esquécese da Copa e terá que centrarse na liga co obxectivo prioritario do ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar