O Ourense C. F. terá o domingo a primeira oportunidade de lograr o ascenso
O Ourense C. F. terá o domingo a primeira oportunidade de lograr o ascenso
A penúltima xornada xógase en horario unificado (domingo, ás 12:00) e veranse os partidos dos equipos galegos nun carrusel na G2
O Fabril-Pontevedra e o Ourense-Oviedo Vetusta poderán seguirse de xeito íntegro por Agalega.gal
Este domingo xógase a primeira das dúas xornadas con horario unificado que haberá na Segunda Federación. Os partidos serán ás 12:00 horas e poderán verse todos os equipos galegos nun carrusel que se emitirá pola G2. O que queira ver os encontros Ourense C. F.-Oviedo Vetusta e o Fabril-Pontevedra poderá atopalos de xeito íntegro en Agalega.gal.
As contas do Ourense C. F. son doadas. Se lle gaña ao Oviedo Vetusta ou iguala o resultado do Pontevedra (pode valerlle un empate), estaría ascendido á Primeira Federación. O Pontevedra, coa derrota do domingo pasado en Pasarón, complicouse a opción do ascenso directo. Esta fin de semana tentará lograr a vitoria e agardar que o Ourense C. F. non gañe para chegar con opcións á última xornada. Cun triunfo tamén garantiría o segundo posto e a vantaxe de campo nun hipotético play off.
Na pelexa por entrar no play off tamén están o Coruxo e o Compostela. As opcións do Coruxo son remotas e pasan por gañar os dous partidos e agardar tropezos dos rivais. O Compostela, pola súa parte, tentará gañar diante do Avilés nesta xornada e meterlle presión ao Langreo. Cun triunfo garante que na última tirada do campionato poida ter posibilidades.
Na pelexa por evitar o descenso están o Fabril e o Rácing Vilalbés. O Fabril ten un partido moi complicado diante do Pontevedra. Cun punto nunca podería descender de xeito directo pero tamén está en xogo evitar o play out. E aí o Torrelavega está só tres puntos por detrás.
O Rácing Vilalbés, que recibe noutro derbi ao Coruxo, precisa unha fazaña. Evitar o play out é moi complicado e céntrase en afastarse do descenso directo. Precisa sumar tres puntos máis que o Torrelavega nestas dúas xornadas.