Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. non pode co Zamora nun partido con polémica (0-3)

O Ourense C. F. non pode co Zamora nun partido con polémica (0-3)

O equipo ourensán tivo que xogar con dez desde o penalti e expulsión de Miguel Prado na primeira metade

Co 0-1, unha carga brutal de Fermín non foi sancionada con penalti

Despois chegarían os tantos de Rivas e Joel Priego para sentenciar

G24.gal 07/10/2023 19:11

O Zamora está asinando uns números abraiantes no inicio desta temporada. É o líder invicto da categoría, conta os partidos por vitorias e aínda non apañou ningún gol. En Oira impúxose con comodidade, nun encontro despexado por unha acción aos 44': unha parada de Miguel Prado, que evitou un gol pero viu cartón vermello directo e deixou ao seu equipo con 10 para toda a segunda metade. Etxaburu transformou o penalti.

Co 0-1, e no tempo engadido da primeira metade, chegou unha acción que puido ser determinante: Fermín saíu para protexer o balón e cargou con excesiva forza a Alberto Gil, mandando ao ourensanista contra o valado. Pero o árbitro indicou que o balón saíra e, na lea posterior, rematou a xogada cun cartón para cada un. As imaxes parecen deixar claro que o balón estaba no campo.

Antes do descanso, o Zamora sentenciou o choque. Luis Rivas asinaba un cruel 0-2 que o líder, equipo aínda imbatido, so tiña que conservar na segunda metade. No minuto 73 ía chegar o 0-3 definitivo, obra de Joel Priego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar